• Inicio
  • Sobre REGEIFAR
    • Equipa
  • Actividades
  • Blog
  • Contacto
  • Publicacións
  • Equipa

Buscar

Atópanos

Dirección
Facultade de Farmacia (local de estudantes). Praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña.

Email
info@regeifar.es

Saltar al contenido
REGEIFAR
  • Inicio
  • Sobre REGEIFAR
    • Equipa
  • Actividades
  • Blog
  • Contacto
  • Publicacións
  • Equipa

REGEIFAR

Rede Galega de Estudantes e Persoal Investigador Predoutoral de Farmacia

regeifar.farmacia

💊 Rede Galega de Estudantes e Predocs de Farmacia da USC
🧪 Membros da FEEF
📚Representantes de estudantes
Escríbenos axudamos en todo o que podemos!

📢 42º Encontro de Mozos Investigadores | Salamanca 📢 42º Encontro de Mozos Investigadores | Salamanca 2026
A investigación, o coñecemento e a creatividade xuvenil teñen unha nova cita en Salamanca!🔬

Do 5 ao 8 de decembro de 2026 celebrarase o 42º Encontro de Mozos Investigadores, un espazo aberto e multidisciplinar no que mozos e mozas poderán compartir e presentar os seus proxectos de investigación de calquera ámbito do coñecemento: ciencias, letras, artes e cultura.

Se tes un proxecto de investigación ou formas parte dun equipo investigador, esta é unha oportunidade para dar a coñecer o teu traballo, intercambiar ideas con outros mozos e mozas e vivir unha experiencia enriquecedora.

📍 Lugar: Salamanca (España)
📅 Datas: do 5 ao 8 de decembro de 2026

🗣️ Presentacións: exposicións orais de ata 10 minutos, con quenda de preguntas.
📖 Publicación: os resumos dos traballos seleccionados publicaranse nunha edición dixital con ISBN.

⏰ Data límite de inscrición: 5 de novembro de 2026.

📩 Envío de documentación e inscricións: inice@inice.es
🌐 Máis información e bases completas: www.inice.es

Non perdas a oportunidade de compartir a túa investigación, coñecer outras experiencias e formar parte dun encontro dedicado ao talento e á curiosidade investigadora da mocidade!
🎓 Sesión solemne de ingreso na Real Academia Galeg 🎓 Sesión solemne de ingreso na Real Academia Galega de Farmacia

A Real Academia Galega de Farmacia ten o pracer de convidar á comunidade universitaria e ao público interesado á sesión solemne de toma de posesión como académico correspondente do Excmo. Dr. D. Antonio Isidro González Buezo.

📚 O acto terá lugar o martes 17 de novembro de 2026, ás 18:30 h, na sede da Academia, no Antigo Hospital de San Roque, en Santiago de Compostela.

🗣️ O novo académico pronunciará o discurso titulado «Ultravía subía: o percorrido e o seu contorno sanitario no Camiño de Santiago dos séculos XI ao XVIII».

📍 Lugar: Antigo Hospital de San Roque, rúa de San Roque, nº 2, Santiago de Compostela.

📩 Prégase confirmar a asistencia antes do 9 de novembro de 2026.

Unha ocasión para celebrar o coñecemento, a historia e a investigación arredor do Camiño de Santiago e da súa dimensión sanitaria.

#farmacia #santiagodecompostela #cienciaegalicia #usc #regeifar
🎓 Sabes que existe o Valedor da Comunidade Univers 🎓 Sabes que existe o Valedor da Comunidade Universitaria?

O Valedor da Comunidade Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha figura independente encargada de defender e garantir os dereitos dos membros da comunidade universitaria.

Non é simplemente un lugar ao que acudir para presentar unha queixa. A súa función é tamén escoitar, orientar, mediar e promover melloras no funcionamento da Universidade e na defensa dos dereitos e liberdades da comunidade universitaria.

🔐 As queixas son tratadas con reserva e confidencialidade.

É importante explicar claramente os feitos, os motivos da queixa e achegar a documentación relacionada.

👉 Se tes unha dúbida, un problema ou consideras que os teus dereitos dentro da Universidade poden estar afectados, informarte e coñecer os recursos dos que dispós tamén é exercer os teus dereitos.

🔗 Máis información e formulario de queixas na web do Valedor da USC.

#usc #universidade #comunidadeuniversitária #valedor #estudantes
🔬 VII Encontro galego da mocidade investigadora en 🔬 VII Encontro galego da mocidade investigadora en ciencias farmacéuticas.

Despois de compartir todo o vivido no #cnf2026 , seguimos poñendo en valor a investigación e o talento da nosa Facultade! 💙

A Comisión de Normalización Lingüística e Difusión Cultural (CNL) da Facultade de Farmacia da USC organiza o VII Encontro galego da mocidade investigadora en ciencias farmacéuticas, un espazo para compartir investigación, crear novas colaboracións e promover o uso do galego no ámbito científico. 🧪🧬

👉 Como participar?
Presenta un cartel ou póster en galego sobre o estado actual ou algún avance da túa investigación e acompáñao dunha presentación oral de ata 10 minutos, tamén en galego.

Os resumos dos traballos formarán parte dun volume editado en Edicións USC. 📚

📅 Participa na edición 2026!

E ti, gustaches do CNF2026? 💙 Se che gustou o congreso, anímate a seguir compartindo ciencia e investigación neste novo encontro!

#farmaciausc #CienciasFarmacéuticas #USC #galego
💊 Día Mundial da/o Farmacéutica/o 2026 A Real Aca 💊 Día Mundial da/o Farmacéutica/o 2026

A Real Academia de Farmacia de Galicia celebra o Acto Académico do Día Mundial do Farmacéutico, que terá lugar o venres 25 de setembro, ás 18:30h, na súa sede, no Antigo Hospital de San Roque, en Santiago de Compostela.

Un encontro para poñer en valor o papel da profesión farmacéutica e compartir coñecemento e reflexión arredor da farmacia.

📍 Santiago de Compostela
📅 25 de setembro de 2026
🕡 18:30 h
💻 Modalidade presencial e online

🔗 O acto poderá seguirse tamén en liña.

Actividade desenvolvida no marco do Convenio de Colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Co patrocinio de COFARO e BIDAFARMA e coa colaboración dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

#diamundialdofarmaceutico #Farmacia #farmaceuticos #Galicia #realacademiadefarmaciadegalicia
📢 Sesión Científica: “Seguir o tratamento: clave p 📢 Sesión Científica: “Seguir o tratamento: clave para a eficacia e a seguridade”

A Real Academia de Farmacia de Galicia convida a participar nesta sesión científica centrada na importancia da adherencia terapéutica e no seu papel fundamental para garantir a eficacia e a seguridade dos tratamentos.

📅 27 de maio
🕖 19:00 h
📍 Sede da Real Academia de Farmacia de Galicia – Antigo Hospital de San Roque, r/ San Roque nº2, Santiago de Compostela
💻 Tamén poderá seguirse en directo a través de YouTube.

A sesión contará coa participación de profesionais expertos en farmacia hospitalaria, saúde mental e farmacia comunitaria:

🔹 Dr. Luis Margusino Framiñán
Adherencia terapéutica: o desafío silencioso e o papel da Farmacia Hospitalaria.

🔹 Dr. Manuel Arrojo Romero
Adherencia terapéutica no trastorno mental grave.

🔹 Dna. Silvia Represa Veiga
A Farmacia Comunitaria, piar da adherencia terapéutica.

Moderador: Dr. Nicanor Floro Andrés Rodríguez

Animámosvos a asistir e participar nesta interesante sesión científica!

#farmacia #adherenciaterapéutica #REGEIFAR #divulgacioncientifica #RAFG
💊✨ III Congreso Internacional do Medicamento Indiv 💊✨ III Congreso Internacional do Medicamento Individualizado ✨💊

Do 21 ao 23 de outubro de 2026 celebrarase en Bilbao unha nova edición deste congreso internacional organizado por LASEMI e o Colegio Oficial de Farmacéuticos de Bizkaia.

🧪 Formulación maxistral
🤖 IA aplicada á formulación
👩‍⚕️ Dermatoloxía, oftalmoloxía, xinecoloxía e moito máis
📚 Talleres, comunicacións científicas e networking

Un encontro clave para profesionais interesados nos últimos avances do medicamento individualizado desde unha perspectiva clínica, científica e galénica.

📍 Bizkaia Aretoa, Bilbao
📅 21–23 outubro 2026

👀 Ademais, xa está aberta a presentación de comunicacións científicas en formato póster.

#medicamentoindividualizado #REGEIFAR #Farmacia #Congreso #Investigación
🧪 PRÁCTICAS EN LABORATORIO – AECC 2026/2027 A AEC 🧪 PRÁCTICAS EN LABORATORIO – AECC 2026/2027

A AECC abre unha nova convocatoria de prácticas en laboratorios de investigación en cancro para o curso académico 2026/2027 🔬

💡 Esta iniciativa permite achegar ao estudantado á realidade da investigación biomédica, ofrecendo a posibilidade de completar a súa formación en laboratorios de investigación de distintas áreas.

👩‍🔬👨‍🔬 Está dirixido a estudantes universitarios de Ciencias e Ciencias da Saúde que xa conten cun laboratorio onde realizar as prácticas no momento da solicitude.

📅 Prazo de solicitude: do 20/02/2026 ao 11/06/2026 (15:00h)

📌 Toda a información, formularios e bases da convocatoria están dispoñibles na plataforma oficial da AECC.

Se tes interese en investigación, esta pode ser unha gran oportunidade para comezar no mundo científico 🚀
🏅O Grao en Farmacia da USC recibe o Selo de Grao d 🏅O Grao en Farmacia da USC recibe o Selo de Grao de Excelencia para titulacións universitarias do Sistema Universitario de Galicia no curso 2024/25.

Este recoñecemento da Xunta de Galicia acredita o alto nivel académico, científico e técnico da titulación, así como a súa capacidade para responder ás demandas actuais da sociedade.

Ademais, Farmacia convértese na segunda titulación da USC en obter esta distinción, despois de Veterinaria.

🪙O selo busca impulsar a excelencia universitaria, promover a innovación docente e reforzar a visibilidade e competitividade das universidades galegas a nivel estatal e europeo.

A concesión deste recoñecemento responde tamén a un esixente sistema de avaliación baseado en criterios como a calidade da proposta formativa, a inserción laboral, a internacionalización, a innovación docente, o profesorado e os resultados académicos. Para obter esta distinción é necesario acadar unha puntuación mínima de 90 sobre 100.

👉Ademais do recoñecemento académico, o selo contará cun financiamento extraordinario de 60.000 euros anuais durante os seis cursos de vixencia, reforzando así o compromiso coa mellora continua e a excelencia universitaria.

Parabéns a toda a comunidade da Facultade de Farmacia!

#farmacia #usc #regeifar #universidade #excelenciauniversitaria
📢 XORNADA DE CLAUSURA DO PROXECTO MICROMUNDO Este 📢 XORNADA DE CLAUSURA DO PROXECTO MICROMUNDO

Este venres 8 de maio ás 12:00h tedes unha cita no Salón Nobre do Colexio de Fonseca 👩‍🔬🧫

Se vos interesa a microbioloxía, a investigación ou queredes coñecer de preto o traballo que se está a facer na Facultade, esta xornada é unha oportunidade perfecta para achegarvos e participar.

Durante o evento haberá intervencións institucionais, unha relatoría sobre os dez anos do proxecto MicroMundo, presentación de resultados e tamén participación do propio alumnado 👀
Ademais, farase entrega de diplomas ás persoas participantes.

📍 Santiago de Compostela
📌 Salón Nobre, Colexio de Fonseca
🕛 12:00h

Animámosvos a achegarvos, informarvos e formar parte deste tipo de iniciativas que conectan docencia, investigación e alumnado 💙
📢 PRÁCTICAS EXTERNAS CURRICULARES OPTATIVAS EN GRU 📢 PRÁCTICAS EXTERNAS CURRICULARES OPTATIVAS EN GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (Curso 2026/27)

Prazo: ata o 11/05/2026 ás 23:59h

👩‍🎓 Cada estudante pode escoller ata 4 proxectos formativos.

✅ Requisitos:
• Ter superados mínimo 148,5 ECTS no 1º semestre 2025/26
• ‼️Se xa fixeches 18 ECTS de prácticas en Sanidade/SERGAS, distribución ou industria farmacéutica, non podes facer as PEGI.

👨‍🏫 Terás:
• 1 titor/a da entidade colaboradora
• 1 titor/a académico/a (do mesmo grupo de investigación)

📊 Ao rematar:
• Póster + presentación oral (5 min)

🏆 O SNL imprime o póster e presentacións en galego poden optar a premios: 🥇 200€ | 🥈 100€

📅 Exposición final: 10 de xuño de 2027

ℹ️ Animádevos! Boa oportunidade para introducirvos na investigación.

#farmaciausc #universidad #regeifar #foryou #prácticas
💊📢 PECO 2025-26: Prácticas Externas Curriculares O 💊📢 PECO 2025-26: Prácticas Externas Curriculares Optativas en Farmacia!! Aquí tes o máis importante👇

⁉️Que son as PECO?

Son prácticas externas curriculares e optativas que che permiten completar a túa formación nun entorno real: hospitais, centros de saúde, distribución farmacéutica, colexios profesionais ou empresas públicas sanitarias.

👉 Unha oportunidade para aplicar o aprendido e coñecer saídas profesionais.

⚠️Como solicitar:
 📅 Prazo: do 20 ao 28 de abril de 2026.
 💻 A través do formulario online da Facultade.

ℹ️ Por que é importante?

As PECO permiten:
- Gañar experiencia real.
- Orientar o teu futuro profesional.
- Sumar créditos ao expediente.

💬 Se tes dúbidas, contacta co decanato ou cos representantes de estudantes.

#farmaciausc #regeifar #prácticas #estudantes #usc
📢 Eleccións a Decana/o na Facultade de Farmacia. 📢 Eleccións a Decana/o na Facultade de Farmacia.

PROCLAMACIÓN PROVISIONAL DE CANDIDATOS/AS:
- Dª Raquel Sendón García
- D. Eddy Sotelo Pérez

Prazo de reclamacións contra a proclamación provisional de candidaturas: do 18 ao 21 de abril de 2026.

📌Proclamación definitiva: 22 de abril

📅 Xunta extraordinaria de Facultade: 24 de abril no Salón de Graos
⏰ Votación: de 9:30 a 13:00h
 Segunda volta (se é necesaria): de 13:30 a 14:30h

GAÑADORA: Dª Raquel Sendón García

⚠️ Lembramos que só poden votar os/as representantes do estudantado, pero isto aféctanos a todas e todos nós.

👉 Por iso é importante implicarse e participar nestes procesos. Presentarte como representante dáche voz e capacidade de decisión no que pasa na túa facultade.

💬 Se queres saber máis ou trasladar as túas inquedanzas, fala cos teus representantes de estudantes. Estamos aquí para informar e defender os teus intereses.

#representaciónestudantil #participacion #universidade #farmacia #facultade #usc #universidadedesantiagodecompostela
Xa podes curbir as enquisas de satisfacción do pro Xa podes curbir as enquisas de satisfacción do profesorado ‼️

Non leva moito tempo e axuda enormemente a mellorar a docencia da nosa facultade. Só precisas 5 minutos e son completamente anónimas.

Axuda e axúdate cubrindo estas enquisas. Se non nos queixamos non melloramos. 🫣

Se tes calquera dúbida escríbenos! Estamos encantad@s de axudar. 😚

🔗 Enlace en historias.

#facultade#usc#enquisas#santiagodecompostela#farmacia
💡Hoxe participamos na IV Xornada Interuniversitari 💡Hoxe participamos na IV Xornada Interuniversitaria Galega.

"Submisión química e violencias sexuais", un espazo de encontro e reflexión no que se puxo o foco nas diferentes dimensións deste fenómeno dende unha perspectiva xurídica, sanitaria, social e tecnolóxica. A xornada reuniu diferentes especialistas para abordar esta problemática de forma integral.

Noemi Morte Tamayo, directora do IMELGA, analizou o concepto de submisión química, ampliado máis alá das chamadas “burundangas” para incluír tamén o consumo voluntario, especialmente de alcohol combinado con outras substancias.

Mariana Novo Gómez, coordinadora e asesora xurídica do Centro de Crise de Santiago, presentou os centros de crise 24h en Galicia como recursos especializados, gratuítos e confidenciais que ofrecen atención xurídica, psicolóxica e social. Incluíu indicacións clave tras unha agresión e procedementos específicos en casos de menores.

Sonia Ricondo García, dende o Observatorio Noctámbulas, abordou as violencias sexuais facilitadas polo consumo de drogas e cuestionou o foco social centrado na substancia fronte á agresión.

Elisa García-Mingo, do proxecto DIVISAR (UCM), centrou a súa intervención nas violencias sexuais facilitadas pola tecnoloxía: difusión non consentida de contidos, sextorsión, grooming, doxxing ou deepfakes, entre outras.

Unha xornada especialmente enriquecedora que pon de relevo a necesidade de abordaxes coordinadas, prevención, educación e recursos accesibles fronte ás violencias sexuais en todos os seus ámbitos.
💊 Marca a túa diferenza. ¿Queres destacar no mund 💊 Marca a túa diferenza.

¿Queres destacar no mundo profesional dende a universidade? Este taller axudarache a mellorar o teu CV e sacar o máximo partido a LinkedIn 🚀

Aprende a comunicar, mellora a túa visibilidade profesional e descubre cómo acceder a máis oportunidades.

👩‍⚕️ Dirixido a estudantado que quere dar o seguinte paso na súa carreira.

📅 Inscríbete antes das 14:00h.

👉 Non olvides seguirnos en linkedin:
https://www.linkedin.com/company/regeifar/

#farmacia #estudiantesdefarmacia #desarrolloprofesional #linkedin #cv #empleabilidad
📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honr 📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de invitarvos á Sesión Pública da posesión da académica Begoña Delgado Charro que pronunciará o discurso de ingreso «Triángulo en ciencias farmacéuticas e ciencias reguladoras», que terá lugar hoxe 8 de abril ás 18:30h, no Antigo Hospital, en Santiago de Compostela.

Anímate!
📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honr 📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de invitarvos á Sesión Científica «O común das enfermidades raras», que terá lugar o próximo 18 de marzo, no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, en Santiago de Compostela.

A sesión tamén poderá seguirse vía streaming a través da canle de YouTube da RAFG.

Anímate!
Achégase invitación ao acto de ingreso como Académ Achégase invitación ao acto de ingreso como Académico Numerario do Carlos Crespo Diz, que terá lugar o mércores 25 de febreiro de 2026, ás 18:30 h, no Antiguo Hospital de San Roque (r/ San Roque nº 2).

O discurso de ingreso leva por título:
“A excepcionalidade terapéutica na práctica farmacéutica hospitalaria: medicamentos en situación especial”

A contestación correrá a cargo do Académico de Número Emérito Ilmo. Dr. D. Isaac Gabriel Arias Santos.

Rógase confirmación de asistencia antes do 18 de febreiro, respondendo ao correo electrónico: secretaria@academiadefarmaciadegalicia.gal
🌐11 de FEBREIRO – Día internacional da muller e a 🌐11 de FEBREIRO - Día internacional da muller e a nena na ciencia.🥼

Lembrando que a ciencia non nace do xénero.

#usc  #universidadesantiagodecompostela #ciencia #investigación #11febrerodíainternacionaldelamujerylaniñaenlaciencia
Séguenos en Instagram!

Atópanos

Dirección
Facultade de Farmacia (local de estudantes). Praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña.

Email
info@regeifar.es

Buscar

Funciona con WordPress Inspiro WordPress Theme por WPZOOM