Somos unha asociación de estudantes de farmacia e persoal investigador predoutoral galegos

A Rede Galega de Estudantes e Persoal Investigador Predoutoral de Farmacia (REGEIFAR) é unha asociación sen ánimo de lucro que nace coa vontade de impulsar o crecemento académico, científico e profesional do estudantado galego de Farmacia. Traballamos pola promoción dunha formación continua e de calidade no ámbito sanitario, fomentando a participación en actividades formativas, científicas e divulgativas a nivel autonómico, nacional e internacional, en colaboración con asociacións, delegacións e federacións. Ademais, REGEIFAR actúa como espazo de encontro, representación e visibilización da profesión farmacéutica nas súas múltiples saídas profesionais, poñendo en valor o seu papel esencial dentro do Sistema Público de Saúde e da sociedade.

Que ofrecemos?

428781

Actividades

Organizamos eventos propios e difundimos aquelas iniciativas que consideramos de especial interese para o alumnado, fomentando a participación, a formación continua e o intercambio de experiencias no ámbito da Farmacia.

closeness-illustration-on-a-background-premium-quality-symbols-icons-for-concept-and-graphic-design-vector

Cercanía

Somos estudantes comprometidos, con ganas de construír un futuro mellor para a comunidade estudantil. Traballamos desde a proximidade, escoitando as vosas necesidades e estando sempre dispoñibles para vós.

01-representacion-estudiantil

Representación estudantil

Exercemos a representación do estudantado de Farmacia ante as institucións e organismos correspondentes, defendendo os seus intereses e facendo da súa voz o eixo central da nosa actividade.

Séguenos nas redes sociais!