• Inicio
  • Sobre REGEIFAR
    • Equipa
  • Actividades
  • Blog
  • Contacto
  • Publicacións
  • Equipa

Buscar

Atópanos

Dirección
Facultade de Farmacia (local de estudantes). Praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña.

Email
info@regeifar.es

Saltar al contenido
REGEIFAR
  • Inicio
  • Sobre REGEIFAR
    • Equipa
  • Actividades
  • Blog
  • Contacto
  • Publicacións
  • Equipa

REGEIFAR

Rede Galega de Estudantes e Persoal Investigador Predoutoral de Farmacia

regeifar.farmacia

💊 Rede Galega de Estudantes e Predocs de Farmacia USC
🧪 Membros da FEEF

💡Hoxe participamos na IV Xornada Interuniversitari 💡Hoxe participamos na IV Xornada Interuniversitaria Galega.

"Submisión química e violencias sexuais", un espazo de encontro e reflexión no que se puxo o foco nas diferentes dimensións deste fenómeno dende unha perspectiva xurídica, sanitaria, social e tecnolóxica. A xornada reuniu diferentes especialistas para abordar esta problemática de forma integral.

Noemi Morte Tamayo, directora do IMELGA, analizou o concepto de submisión química, ampliado máis alá das chamadas “burundangas” para incluír tamén o consumo voluntario, especialmente de alcohol combinado con outras substancias.

Mariana Novo Gómez, coordinadora e asesora xurídica do Centro de Crise de Santiago, presentou os centros de crise 24h en Galicia como recursos especializados, gratuítos e confidenciais que ofrecen atención xurídica, psicolóxica e social. Incluíu indicacións clave tras unha agresión e procedementos específicos en casos de menores.

Sonia Ricondo García, dende o Observatorio Noctámbulas, abordou as violencias sexuais facilitadas polo consumo de drogas e cuestionou o foco social centrado na substancia fronte á agresión.

Elisa García-Mingo, do proxecto DIVISAR (UCM), centrou a súa intervención nas violencias sexuais facilitadas pola tecnoloxía: difusión non consentida de contidos, sextorsión, grooming, doxxing ou deepfakes, entre outras.

Unha xornada especialmente enriquecedora que pon de relevo a necesidade de abordaxes coordinadas, prevención, educación e recursos accesibles fronte ás violencias sexuais en todos os seus ámbitos.
💊 Marca a túa diferenza. ¿Queres destacar no mund 💊 Marca a túa diferenza.

¿Queres destacar no mundo profesional dende a universidade? Este taller axudarache a mellorar o teu CV e sacar o máximo partido a LinkedIn 🚀

Aprende a comunicar, mellora a túa visibilidade profesional e descubre cómo acceder a máis oportunidades.

👩‍⚕️ Dirixido a estudantado que quere dar o seguinte paso na súa carreira.

📅 Inscríbete antes das 14:00h.

👉 Non olvides seguirnos en linkedin:
https://www.linkedin.com/company/regeifar/

#farmacia #estudiantesdefarmacia #desarrolloprofesional #linkedin #cv #empleabilidad
📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honr 📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de invitarvos á Sesión Pública da posesión da académica Begoña Delgado Charro que pronunciará o discurso de ingreso «Triángulo en ciencias farmacéuticas e ciencias reguladoras», que terá lugar hoxe 8 de abril ás 18:30h, no Antigo Hospital, en Santiago de Compostela.

Anímate!
📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honr 📢A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de invitarvos á Sesión Científica «O común das enfermidades raras», que terá lugar o próximo 18 de marzo, no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, en Santiago de Compostela.

A sesión tamén poderá seguirse vía streaming a través da canle de YouTube da RAFG.

Anímate!
Achégase invitación ao acto de ingreso como Académ Achégase invitación ao acto de ingreso como Académico Numerario do Carlos Crespo Diz, que terá lugar o mércores 25 de febreiro de 2026, ás 18:30 h, no Antiguo Hospital de San Roque (r/ San Roque nº 2).

O discurso de ingreso leva por título:
“A excepcionalidade terapéutica na práctica farmacéutica hospitalaria: medicamentos en situación especial”

A contestación correrá a cargo do Académico de Número Emérito Ilmo. Dr. D. Isaac Gabriel Arias Santos.

Rógase confirmación de asistencia antes do 18 de febreiro, respondendo ao correo electrónico: secretaria@academiadefarmaciadegalicia.gal
🌐11 de FEBREIRO – Día internacional da muller e a 🌐11 de FEBREIRO - Día internacional da muller e a nena na ciencia.🥼

Lembrando que a ciencia non nace do xénero.

#usc  #universidadesantiagodecompostela #ciencia #investigación #11febrerodíainternacionaldelamujerylaniñaenlaciencia
ABERTO O PRAZO dende o 02/02 ata o 02/03. Calquera ABERTO O PRAZO dende o 02/02 ata o 02/03.
Calquera persoa interesada pode formar parte activa da asociación a través dos grupos de traballo.

En REGEIFAR podes participar segundo o teu tempo e intereses. Non fai falta ser representante nin ter experiencia previa: só necesitas ganas de colaborar, aprender e mellorar a Facultade.

Se queres formar parte dun grupo de traballo, rechea o formulario!

As candidaturas teñen unha duración aproximada de un ano (ata xaneiro de 2027), pero podes darte de baixa en calquera momento.
📢Defendemos o estudantado, logramos melloras reais 📢Defendemos o estudantado, logramos melloras reais na facultade e damos voz ás nosas demandas.

👉 Únete a Regeifar e participa no cambio.
Porque Regeifar é do estudantado e para o estudantado.

Non quita moito tempo e podes engadir esta experiencia no teu CV!
Coñeces a REGEIFAR? Somos a Rede Galega de Estuda Coñeces a REGEIFAR?

Somos a Rede Galega de Estudantes e Predoutorais de Farmacia. Traballamos por e para ti.

🔵 O noso logo, a nosa identidade:

🐍 A serpe e a copa: O símbolo universal da Farmacia. Saúde, coñecemento e coidado.

✨ As 7 Estrelas: As sete históricas cidades do Reino de Galicia. Representamos a todo o territorio.

💙 O azul: Galicia, o seu mar e ceo. Confianza, estabilidade e compromiso.

🎯 A nosa misión:
✅ Promover a túa formación.
✅ Organizar actividades útiles.
✅ Dar voz ao estudantado.

⭐ Que ofrecemos?

🎓 Eventos propios e recomendados.
🤝 Cercanía, somos coma ti.
🗣️ Representación real.

🙋 ¿Podo unirme?
SI ! Non é necesario ser representante. Se queres colaborar, escríbenos!

👉 Séguenos para non perder novidades, actividades ou oportunidades.

#regeifar #farmaciagalicia #estudantesfarmacia #formacion #farmacia
🏛️ A Xunta de Facultade non funciona soa: organiza 🏛️ A Xunta de Facultade non funciona soa: organiza o seu traballo a través de comisións onde o alumnado tamén ten voz e voto. Se te presentas como representante, podes formar parte delas e influír directamente no funcionamento da túa facultade.

Estas son as principais comisións👆
Xunta de Facultade: órgano de goberno de cada cent Xunta de Facultade: órgano de goberno de cada centro. O estudantado elixe representantes que participan na organización académica da facultade.

👥 Quen pode presentarse?
Todo o estudantado matriculado en titulacións oficiais da USC.

📝 Como presentarse?
A través da aplicación electoral da USC ou da secretaría virtual.

📅 Datas clave:
Presentación de candidaturas: 26 novembro – 5 decembro
🎗️ Mesa Redonda: Novas Inmunoterapias fronte ao Ca 🎗️ Mesa Redonda: Novas Inmunoterapias fronte ao Cancro

📅 27 de novembro · 19:00h

📍 Salón de Graos – Facultade de Farmacia

A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de convidarvos a esta mesa redonda dedicada aos avances máis recentes en inmunoterapia oncolóxica.
A Sociedade Española de Mutaxénese e Xenómica Ambi A Sociedade Española de Mutaxénese e Xenómica Ambiental (SEMA) convídache a participar no seu VI Webinar, titulado:

🧬 Desenvolvemento dun medicamento dende unha perspectiva regulatoria

📅 Data: 14 de novembro de 2025

🕒 Hora: 12:00 - 13:30h

💻 Modalidade: En liña (inscrición gratuíta)

Durante esta sesión, exploraremos os principais pasos e requisitos regulatorios implicados na creación e aprobación dun medicamento, dende a investigación preclínica ata a súa chegada ao mercado.

👉Inscrición: link da bio.

https://www.mutagenesisambiental.com/event-directory/webinars-sema/vi-sema-webinar-desarrollo-de-un-medicamento-desde-una-perspectiva-regulatoria/

IMPORTANTE: As persoas asistentes que desexen recibir un certificado de asistencia deberán solicitalo por correo electrónico a sema@mutagenesisambiental.com, indicando o seu nome e apelidos, e conectarse ao seminario usando eses mesmos datos persoais (non como convidado anónimo).

Agardámoste!
Chegou o momento de celebrar!🎉 Hoxe colocouse a p Chegou o momento de celebrar!🎉

Hoxe colocouse a primeira pedra da futura Cidade da Saúde. É un momento histórico para Farmacia, un símbolo dun avance que levamos case unha década esperando. Celebramos este paso, porque sabemos o que custou: anos de precariedade, aulas dispersas e traballo en condicións que non mereciamos.

Pero tamén temos claro algo: chega tarde. E queda moito por facer.

O que se iniciou hoxe non é o final do camiño. É só a fase dun proxecto incompleto: falta garantir que a nova Facultade teña espazo e recursos para toda a ciencia que somos capaces de producir.

Por iso, este momento non é para baixar a garda. É para demostrar, unha vez máis, quen somos.
Porque Farmacia sempre avanzou grazas a nós: estudantes, persoal investigador e profesorado que non renuncia a un futuro digno.

Seguiremos vixiantes, porque esta Facultade merece algo máis ca promesas: merece un compromiso real á altura da súa historia.

Xunt@s imos conseguir a Facultade de Farmacia que merecemos.💊💙

#usc ,#universidadedesantiagodecompostela #farmacia #xunta #facultadedefarmacia #farmaciausc
This barbie is a pharmacist💖⚗️🔬💊 This barbie is a pharmacist💖⚗️🔬💊
I'm just a micropipeta🎀📸 I'm just a micropipeta🎀📸
Tomaches xa a túa chill pill?💊💊 Tomaches xa a túa chill pill?💊💊
Enlace de hidróxeno: forte, estable e con química Enlace de hidróxeno: forte, estable e con química 🐻‍❄️🤍🐻‍❄️
Estes fármacos veñen cun efecto secundario: aproba Estes fármacos veñen cun efecto secundario: aprobar todos os exames 📚
Mercurio (Hg) 🫦💅🪷🌺🌸 Mercurio (Hg) 🫦💅🪷🌺🌸
Séguenos en Instagram!

Atópanos

Dirección
Facultade de Farmacia (local de estudantes). Praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña.

Email
info@regeifar.es

Buscar

Funciona con WordPress Inspiro WordPress Theme por WPZOOM